jueves, 29 de enero de 2009

AbrenteO grupo "Abrente" expón as súas obras no Museo Torres ata o próximo día 31.

O colectivo "Abrente" inagurou na tarde de onte unha mostra dos traballos artísticos dos seus compoñentes. A exposición se pode contemplar no Museo Manuel Torres, en cuias salas e ata o último día do presente mes de octubre, permanecerán a disposición das persoas que queiran velos.
Sabela Canitrot, portavoz e comisaria da arte deste colectivo explicou que "Abrente" é un grupo artístico dinámico formado para dar oportunidades a que todos os artistas poidan expoñer as súas obras coas concellerías de Cultura dos distintos concellos en principio da provincia, posto que xa han exposto en Pontevedra e Bueu, agora en Marín e posteriormente noutros municipios que teñen programados.
Varias disciplinas.
É un grupo formado por trece pintores pero tamén hai nel un músico, poetas, escritores, fotógrafos, etc. e cada un deles coa súa propia iniciativa.
Sabela Canitrot fai fincapé na variedade e calidade das obras presentadas e invita ós marinenses a visitar a exposición que ocupa moitas das salas do museo marinense.